mércores, 9 de novembro de 2016

As cores

A cor axúdanos a diferenciar todo o que nos rodea, a sentir e transmitir emocións. Percibímola grazas á luz e, evidentemente, á composición orgánica da nosa vista.

É importante que saibamos establecer as diferenzas entre cores luz e cores pigmento (ou materia).

A cor luz

Como xa sabes, cando chove, as gotas de choiva, ao recibiren os raios do sol, descompoñen esa luz nas sete cores do arco da vella (maxenta, vermello, amarelo, verde, azul, ciano e violeta).
Newton comprobou que facendo pasar un halo de luz por un prisma de cristal, a luz descompoñíase tamén nas cores do espectro.



 

Anos máis tarde, o físico Thomas Young fixo o contrario: demostrou que ao superpoñer os feixes de luz do vermello, do verde e do azul, obtiña unha luz branca e ao mesturar estas tres cores, dúas a dúas, conseguía tamén outras tres cores máis (amarelo, ciano e maxenta), chamadas secundarias.

prisma de Newton


Os obxectos NEGROS son aqueles que absorben tódalas ondas cromáticas sen rechazar ningunha.

Os obxectos BRANCOS son aqueles que rechazan todas as ondas de cor, e polo tanto, rechazan a luz que reciben.

 A cor pigmento (ou materia)

É a que se obtén por medio de substancias naturais ou químicas. Cos nosos pigmentos tratamos de imitar a natureza.

As CORES PRIMARIAS son: o amarelo, o maxenta e o cian. Son básicas porque non se poden obter coa mezcla de outras cores.

As CORES SECUNDARIAS son: o vermello, o verde e o violeta. Que se obteñen coa combinación das cores primarias.

As cores primarias luz son as máis escuras (vermella, verde e azul) e que mesturándoas dúas a dúas, obtemos as cores secundarias luz (amarela, ciano e maxenta).

Agora ocorre o contrario, pois en pintura non podemos obter cores claras partindo de escuras, así que invertemos a orde:
  • Primarias pigmento: amarelo, ciano e maxenta.
  • Secundarias pigmento: verde, azul e vermella.



Técnicas húmidas

A témpera e a acuarela son pinturas que se disolven con auga. Adóitanse aplicar con pinceis brandos e permiten crear unha gran variedade de cores.
A témpera é máis pastosa e a súa textura é máis uniforme que a da acuarela.
Conseguir que unha cor sexa máis opaca ou transparente dependerá, en ambas as dúas técnicas, da cantidade de auga agregada.
Coa témpera úsase o branco como pigmento, mentras que na acuarela o único branco que existe é o do papel.
Á hora de traballar coas ditas técnicas, é importante utilizar o soporte máis adecuado, xa que ambas implican o uso de auga e iso supón certas limitacións. Ten de ser un papel absorbente, granuloso, especial para este tipo de pinturas. Tamén podemos usar tea ou madeira.

Unha cor sempre vai rodeada de outras e percibese de forma diferente según que cores a acompañan.

As 3 cualidades da cor son:
1) O TONO: que identifica a cor en si: vermello, verde, laranxa...
2) A SATURACIÓN: indica o grao de pureza da cor



3) A LUMINOSIDADE: depende da cantidade de branco ou negro que leve a mezcla da cor. Canto máis branco, máis luminoso.

A representación ordeada das cores, chámase ESCALA CROMÁTICA.

O círculo cromático é unha esquema onde aparecen as cores ordeadas según a relación que teñen entre elas.


Círculo cromático





As cores que máis sobresaen son as PRIMARIAS: amarelo, magenta e cian.

As cores que menos sobresaen son as SECUNDARIAS: vermello, violeta e verde e se obteñen mezlcando dous colores primarios ao 50%.

O resto son cores TERCIARIAS: obteñense mezclando unha cor primaria (75%) cunha secundaria (25%). Son: o naranxa, magenta vermello, púrpura, azul violeta, verde azualdo e verde amarelo.

As CORES FRÍAS son: o azul, o verde e o violeta.

As CORES CÁLIDAS son: o amarelo, o naranxa e o vermello.




Utilizamos as cores como elemento comunicativo. Empregámolas tamén para expresar emocións e estados de ánimo.

Os seres humanos démoslles ás cores un significado que vai máis alá das súas  calidades físicas. 


Repara en como a cor verde, que evoca o medio natural, é utilizada nos colectores de reciclaxe (vidro), a cor vermella é utilizada para comunicar paixón e a negra inspira respecto. Xa desde moi cativos aprendemos a recibir esa información por medio das cores.



Na publicidade xógase moito coa cor polas sensacións e emocións que transmiten:
- O amarelo e vermello-naranxado, para representar o sol e o fogo, o calor.
- O azul e o verde para representar a auga, o xeo e a sensación de frescor.
- O negro representa elegancia
- O vermello a pasión, o amor, a sangue, a revolución, o dinamismo o perigro.
- O amarelo o ouro, os cartos e a riqueza. 

Exercicio:
Fai unha escala monocromática: Fai unha tira de cartulina de 18x5 cm e divide cada tira en 6 partes de 3 cm de ancho. Pinta a primeira  parte cunha cor pura de témpera.  E añade pouco a pouco blanco a esa cor.

EXERCICIO SOBRE A COR: 


EXERCICIO 1: Realiza con témperas un círculo cromático. Traza unha circunferencia de 8cms de radio e dividea en 6 partes. Colorea 3 divisións con cores primarios, e rechea os ocos baleiros con cores obtidas da mezcla dos primarios.

EXERCICIO 2: mezcla unha cor primaria con negro, outro con blanco e outro calquera dos primarios. Consigue o máximo de tonos posibles. 

EXERCICIO 3: Fai unha composición de cores frios e cálidos. 


EJERCICIO SOBRE EL COLOR

EL CÍRCULO CROMÁTICO


Foloscopio

 Dani Mario Xavi Nerea